Ir o contido principal

Concedida ao grupo Gis-T Idega unha praza de profesor visitante para o vindeiro curso

A Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos concedeulle ao Grupo de investigación da USC Sociedade Tecnoloxía e Territorio do Instituto de Desenvolvemento de Galicia (GIS-T IDEGA) unha praza de profesor visitante durante o curso 2010-2011 subvencionada pola Fundación U.S. Fullbright.
O período de concesión da praza será de tres meses nos que o profesor convidado colaborará co GIS-T IDEGA na docencia e formación de recursos humanos en Xeografía da Sociedade da Información e impartindo cursos especializados en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional e no máster internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional.
Para máis información pódese consultar a páxina web da Comisión www.cies.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2009.