Ir o contido principal

Concerto de apertura do Programa Universitario para Maiores

Este venres 29 ás 19.00 horas na Igrexa

O alumnado de 7 a 10 anos da Escola Municipal de Música de Santiago ofrece este venres 29 ás 19.00 horas un concerto na Igrexa da Universidade co que se abrirán as actividades do segundo cuadrimestre do Programa Universitario para Maiores que o IV Ciclo da USC desenvolve co Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago.

O recital está aberto a toda a comunidade universitaria e contempla un programa con tres partes. Unha primeira no que unha orquestriña dirixida por Mario Diz interpretará obras do propio director e de música tradicional galega e xaponesa. Na segunda parte unha bandiña dirixida por Fernando Rey tocará pezas de J. De Haan e de K. Badelt, e na última un conxunto tradicional, con Pablo Pascual como director, inerpretará dúas pezas de P. Pascual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.01.2016.