Ir o contido principal

Concerto conxunto do Coro Novo da OSG e da Coral Xuvenil de JM de Palma de Mallorca

Coro Novo da OSG (Foto: OSG)
Coro Novo da OSG (Foto: OSG)

O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Coral Xuvenil de JM de Palma de Mallorca ofrecen un recital conxunto este mércores 29, ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade. A entrada é libre ata completar aforo.

A sesión comezará coa actuación do coro mallorquino que, dirixido por Santiago Francia Crespí, interpretará un repertorio composto polas obras Hallelujah, de Leonard Cohen; Viva la Vida, de Coldplay; Tears in heaven, de Eric Clapton e Will Jennings; Blue moon, de Rogers; Yesterday, de John Lennon e Paul McCartney; Bohemian Rhapsody, de Freddie Mercury; e Barbara Ann, de Fred Fassert.

A continuación, o Coro Novo da OSG que dirixe Daniel G. Artés interpretará as pezas Kyrie en Re menor, de Mozart; Northern Lights, de Ola Gjeilo; Cinema Paradiso, de Morricone; Don’t sit under the apple tree, de Glenn Miller; Creep, de Radiohead; e Price Tag, de Jessie J.

O recital rematará coa interpretación conxunta das obras Ruada de Chamosa, con arreglos de J. Domínguez; Ton pare no té nas, tradicional mallorquina; e Dancing Queen, de ABBA.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2016.