Ir o contido principal

Concerto do coro Edinburgh University Renaissance Singers na Igrexa da Universidade

Concerto do coro Edinburgh University Renaissance Singers na Igrexa da Universidade
Concerto do coro Edinburgh University Renaissance Singers na Igrexa da Universidade

A Igrexa da Universidade abrirá este sábado 10 as súas portas para acoller o concerto da formación Edinburgh University Renaissance Singers, coro de trinta voces formado na súa maior parte por estudantado, persoal e graduados/as da Universidade de Edimburgo. Fundado en 1967, o coro celebra este ano o seu 50 aniversario.

O concerto comezará ás 20.00 horas cun amplo repertorio que achega as composicións de Alonso Lobo, Francisco Guerrero, Tomás Luis de Victoria, Guivanni P. da Palestrina, Cristóbal de Morales, David Peebles, William Byrd ou Chelsea Haward, entre outros.

Ademais de ofrecer concertos de xeito habitual por Edimburgo e por toda Gran Bretaña, a formación realiza xiras polo estranxeiro, recentemente por Croacia durante 2016, e por Portugal e Galicia coincidindo coa conmemoración dos seus primeiros cincuenta anos de vida. O coro especializouse en música do séculos XVI e a primeira parte do XVII, pero tamén executa algunhas pezas do repertorio coral contemporáneo.

Resulta frecuente que compositores escoceses conten co Edinburgh University Renaissance Singers para estrear as súas obras, como tamén resulta significativa o seu labor de recuperación e restauración de pezas musicais pertencentes a bibliotecas e arquivos musicais históricos tanto de Gran Bretaña como de Italia ou España. Os seus concertos son a miúdo retransmitidos pola BBC e conta cunha ampla discografía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2017.