Ir o contido principal

Concerto do Coro irlandés do Condado de Mayo no Paraninfo

O Coro do Condado de Mayo (Irlanda) actuará este mércores, 7 de xullo, cun concerto ás 18:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). Organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, a entrada ao recital será libre. O Coro do Condado de Mayo (Cór Mhaigh Eo), dirixido por Brian Lennon, foi fundado en 1994 cun repertorio que vai desde a música sacra do século XV ata a coral contemporánea. Entre os seus recoñecementos destaca o primeiro premio no Festival Coral Internacional de Cork. Chegado a Compostela en peregrinación, o coro irlandés presentará neste concerto do Paraninfo unha escolma do seu repertorio. Posteriormente, o xoves 8 intervirá na Misa do Peregrino da Catedral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2010.