Concerto do Coro Manuel de Falla da Universidade de Granada na USC
O Coro Manuel de Falla da Universidade de Granada ofrece este martes, 20 de xullo, un concerto no Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia). A cita, de entrada libre, será ás 20:15 horas. O Coro Manuel de Falla da Universidade de Granada, creado en 1973, está dirixido por María Carmen Arroyo Maldonado e ao longo de varias décadas depurou un repertorio propio de música andaluza do Renacemento e do século XX. No concerto deste martes interpretará un programa variado de pasaxes clásicas e populares.