Concerto de Florian Vlashi para homenaxear o Maio do 68

A Universidade de Santiago rememora esta semana con varias actividades a revolta estudantil do maio do 68 en París, da que agora se compren 50 anos e que supuxo un importante revulsivo cultural, como se poderá apreciar no concerto e a exposición previstos.
A primeira delas será este martes 29, cun concerto no que o violinista Florian Vlashi interpretará obras de artistas como Cristobal Halffter, Helmut Lachenmann, Ianis Xenakis, Fernando Buide del Real e György Kurtag, actores moi activos naquel mes de maio.
O recital, ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade e con entrada libre, leva por título 'Signs, Games and Messages’, o mesmo que un álbum de Gyurgy Kúrtag de 1931.
Florian Vlashi O intérprete, Florian Vlashi (Albania, 1963), estudou música e violín no seu país natal, onde acadou numerosos recoñecementos. É fillo do coñecido escritor e director teatral Gjergj Vlashi, que xogou un papel decisivo no seu futuro.
Dende 1992 forma parte da Orquestra Sinfónica de Galicia, e a súa actividade esténdese á pedagoxía, publicacións sobre a estética interpretativa e tarefas como conferenciante. En 1999 publicou o seu CD ‘Andrés Gaos – Integral para violín e piano’ e en xullo dese mesmo ano a televisión albanesa realizou o documental ‘Florian Vlashi, o violín albanés en España’.
É ademais creador e director artístico do festival de verán ‘Nenet e muzikes klasike – Durres’ e director do Grupo Instrumental Siglo XX integrado por solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia.