Ir o contido principal

Un concerto multidisplinar mesturará este sábado danza, música e soundpainting na Igrexa da Universidade

A Escola Municipal de Música e Danza de Alcobendas ofrecerá este sábado 19 un concerto multidisciplinar na Igrexa da Universidade a partir das 20.00 horas.

O programa do evento comezará coa aula de danza contemporánea, incluíndo coreografías de África Morris sobre obras de Chopin, Bach e Arbeau; así como un grupo de óboes que interpretarán obras de Beethoven, Mozart, Charpentier, Ravel, Lully e Morricone. Tamén está prevista unha sesión de soundpainting a cargo de Ricardo Gassent coa colaboración de Relate e do colectivo Soundpaintingmadrid.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2018.