Ir o contido principal

O concerto de Oh Trío dará continuidade o mércores ao programa 'Entre Lusco e Fusco' de Lugo Cultural

O concerto do grupo Oh Trío dará continuidade este mércores 22 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra á Vicerreitoría de Cultura da USC, Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celebraranse varias actuacións musicais co obxectivo de recuperar zonas naturais como espazo escénico para a música.
Por isto, os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos. A actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín, será a segunda deste ciclo.
A banda, que conta con menos de dous anos de vida, ofrecerá un repertorio cun marcado estilo de jazz europeo, cunha gran diversidade de influenzas estilísticas propias. No espectáculo musical tocarán, por tanto, temas de colleita propia e pezas de compositores europeos como Valentín Clastrier our Richard Galliano.
Os concertos continuarán o día 29 coa actuación de Nordestin@s, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade. Todas as actuacións, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas. No caso de choiva, as actuacións celebraranse no Auditorio Gustavo Freire, para o que sairían autobuses desde o Instituto Lucus Augusti ás 20:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2009.