Ir o contido principal

Novo concerto no Paraninfo do ciclo 'Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia'

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, será de novo este luns 8 escenario dun concerto do ciclo ‘Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia’. A cita é ás 20:30 horas con entrada libre ata completar o aforo.
Nesta ocasión os músicos Claudio Guridi e Enrique Roca no violín, Timur Sadykov á viola, Carlos García no violoncello e o clarinetista Vicente López interpretarán o Cuarteto de corda núm. 1 en Fa maior op. 18 de Beethoven e o Quinteto para clarinete e cuarteto de corda op. 30 de Hindemith.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2010.