Ir o contido principal

Concerto no Paraninfo do trío de piano Nox

Concerto no Paraninfo do trío de piano Nox
Concerto no Paraninfo do trío de piano Nox

Nox Piano Trio ofrece este venres 8 no Paraninfo da Universidade un concerto con obras de C. M. Von Weber, E. Lalo e A. Piazzola. O grupo intérprete do recital, ás 20.30 horas e con entrada libre, está formado pola violinista Olga Alexandrowskaya, a frautista Carmen Ferreiro, a violonchelista Xusa Hervás e a pianista Alba Díaz, todas elas profesoras do Conservatorio Profesional de Musica de Compostela coa inquedanza de interpretar repertorio de musica de cámara.

Olga Alexandrovskaya estudou música en Kazan e Moscu. Foi parte da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Orquestra de Cámara de L'Empurda e profesora de violín nos Conservatorios Superior de Vigo e Profesional da Coruña. Pola súa banda, Carmen Ferreiro Soto (Viveiro) formouse como frautista nos conservatorios de Viveiro, A Coruna, A Haya e Amberes, e como intérprete de traverso barroco, na ESMUC.

Xusa Hervas Brull, violonchelista nada en Valencia, comezou os seus estudos na Banda Unión Musical de Benimodo e continuou a súa formación musical no Conservatorio Superior de Musica de Valencia. Colaborou en varias ocasións coa Real Orquestra Filharmónica de Galicia, coa Orquestra de Estremadura e con diversos grupos musicais de Valencia. Foi tamén profesora no Conservatorio Superior de Musica de Vigo.

A pianista e musicóloga nacida en Santiago de Compostela Alba Diaz Taboada comezou os seus estudos na súa cidade natal e finalizou no Conservatorio Superior de Musica de Vigo. Foi profesora de piano no Conservatorio Profesional de Musica da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2019.