Ir o contido principal

Un concerto de O Sonoro Maxín pecha o ciclo Lubicán en Lugo

O grupo ourensán O Sonoro Maxín ofrecerá este xoves 24 en Lugo o último concerto da edición deste ano do ciclo Lubicán. O recital será a partir das 21:00 horas na Praza de Santa María con entrada gratuíta. Lugo Cultural puxo en marcha este ciclo co obxectivo de achegar ao público a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións en actuacións que se desenvolven os cuartos xoves de cada mes durante o período lectivo. Sonoro Maxín O Sonoro Maxín nace no ano 2007 en Ourense a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. O grupo preséntase na súa cidade natal o 30 de decembro, e durante o 2008 e 2009 percorre toda a xeografía galega con máis de cen concertos, nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.

O estilo de O Sonoro Maxín vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa ata a fusión musical do século XXI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2010.