Ir o contido principal

ConCiencia, finalista dos Premios da Crítica Galicia 2015

ConCiencia, finalista dos Premios da Crítica Galicia 2015
ConCiencia, finalista dos Premios da Crítica Galicia 2015

O programa ConCiencia da Universidade de Santiago foi elixido finalista entre unha vintena de candidaturas da XXXVIII edición dos Premios da Crítica Galicia 2015 na modalidade de iniciativas culturais.

Finalmente o xurado decidiu outorgarlle este sábado en Vigo o premio ao festival compostelán Cineuropa, que tamén competía co Festival de Ortigueira.

ConCiencia é un programa de divulgación científica que trae á cidade de Santiago recoñecidos e recoñecidas especialistas de primeira orde mundial (premios Nobel, Abel, Medalla Fields...) para participar en diversas actividades dirixidas non só a público especializado senón a toda a cidadanía coa fin de achegar a ciencia á sociedade. Grazas a esta iniciativa, que coordina o profesor da USC Jorge Mira, visitaron Compostela Stephen Hawking, Ada Yonath ou John Nash.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2015.