Ir o contido principal

Conclúen unhas xornadas sobre as saídas laborais para graduados en Dereito

Nestas xornadas participan máis de 130 futuros profesionais do Dereito. Foto: Fundación Galicia Europa
Nestas xornadas participan máis de 130 futuros profesionais do Dereito. Foto: Fundación Galicia Europa

As primeiras xornadas sobre saídas laborais para graduados/as n Dereito celebrarán este xoves 14 a partir das 17.30 horas a súa clausura logo de tres semanas de desenvolvemento e a participación de máis de 130 alumnos/as matriculados.

Organizadas polo decanato do centro, profesionais de diferentes eidos teñen abordado as opcións laborais ás que poderán optar os futuros titulados/as neste ámbito. Entre outras, puideron coñecer as oportunidades de emprego nas institucións da UE e en organizacións internacionais, as oposicións a corpos de Facenda, Letrados da Xunta e Avogados do Estado, a carreira xudicial e fiscal, notarías e rexistro, o emprego na administración local así como as saídas no exercicio profesional do avogacía.

As Xornadas contaron cun alto índice de participación e completaranse con charlas informativas adicionais, tales coma a que terá lugar o día 25 de abril ás 19.00 sobre o acceso á carreira diplomática, de mans do diplomático español Francisco Javier Sandomingo Núñez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2016.