Ir o contido principal

O Concurso de Ideas e Procesos Colaborativos para o Emprego premia unha proposta do grupo Stellae sobre videoxogos

Silvia López Gómez recolleu o premio de mans da concelleira Marta Lois
Silvia López Gómez recolleu o premio de mans da concelleira Marta Lois

O grupo de investigación Stellae recibiu o segundo premio do Concurso de Ideas e Procesos Colaborativos para o Emprego (INDEA), convocado polo concello compostelá, polo proxecto ‘Avaliación colaborativa do videoxogo como medio para a educación, formación profesional e convivencia social’.

O obxectivo da proposta é crear unha rede de colaboración e apoio centrada nos videoxogos, concretamente no relativo á súa avaliación, mediante o intercambio de saberes e recursos entre o grupo de investigación Stellae e a cidadanía. Silvia López Gómez, integrante do grupo recolleu o galardón a pasada semana de mans da concelleira Marta Lois.

O proxecto premiado, presentado coa colaboración da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), formula unha idea colaborativa para desenvolver no Concello de Santiago implicando a diferentes axentes sociais do territorio, dende os centros educativos, as empresas ou as ANPAS, ata os centros de Formación Profesional e a propia Universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2016.