O concurso de lemas contra a violencia de xénero remata o 16 de novembro

O III Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero diríxese a alumnado matriculado na USC este curso co obxecto de premiar mensaxes que poidan sumarse á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 caracteres. O próximo día 16 de novembro remata o prazo para a presentación de propostas, entre as que se elixirán ata un máximo de seis gañadores, tres por cada campus, que recibirán un premio en metálico de 100 euros e diploma acreditativo.
Os lemas deberán enviarse por correo electrónico á Oficina de Igualdade de Xénero da USC ao enderezo oix [at] usc.es (oix[at]usc[dot]es), indicando no asunto da mensaxe ‘Lema contra a violencia de xénero’. Enviarase en formato PDF como documento adxunto no formulario de participación segundo o modelo que figura como Anexo I desta convocatoria. As persoas que participen deberán responsabilizarse da orixinalidade e autoría das propostas presentadas.
Esta é unha actividade que resposta a obxectivos específicos do segundo Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.