O Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero inicia a súa segunda edición
O II Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero é unha das actividades organizadas pola USC con motivo da conmemoración o dia 25 de novembro do Dia Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Poderá participar todo o alumnado matriculado en titulacións oficiais da USC neste curso.
A este concurso poderán concorrer relatos curtos en galego, orixinais inéditos, cunha extensión máxima de 1.000 palabras (incluído o título) e temática relacionada coa violencia contra as mulleres. As propostas deberán enviarse por correo electrónico á Oficina de Igualdade de Xénero da USC (oix [at] usc.es (oix[at]usc[dot]es)) indicando no asunto da mensaxe ‘II Concurso de Relatos Curtos’. O texto enviarase en formato ‘pdf’ como documento adxunto e acompañarase do formulario de participación cumprimentado.
As persoas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 6 de novembro. O proceso do concurso poderase seguir a través do sitio web da Oficina de Igualdade de Xénero (www.usc.es/oix). Está prevista a adxudicación dun primeiro premio, dotado de 250 euros e diploma, e dous accésits de 150 euros e diploma.