Conferencia sobre accesibilidade á arte para persoas con demencia
Dentro do programa de actividades da exposición ‘ARTEfactos. Dinamitando prexuízos dende a integración’, o proxecto CampUSCulturae organiza a conferencia ‘Accesibilidade á arte para persoas con demencia’ que pronunciará a directora médica da Unidade de Demencias do Hospital Universitaria ‘ Virgen de la Arrixaca’ de Murcia, Carmen Antúnez Almagro. A sesión celébrase no Colexio de Fonseca a partir das 19.30 horas. A exposición ARTEfactos é depositaria na actualidade de materiais procedentes do obradoiro ‘El arte de entretelas’, unha iniciativa impulsada pola Unidade de Demencias e desenvolvida conxuntamente coa Moma de Nova York re co Museo de Bellas Artes de Murcia, unha sinerxía única en Europa de achegamento á cultura e á arte das persoas que padecen Alzheimer e das súas familias. Carmen Antúnez Almagro é especialista en Neuroloxía polo Departamento de Neuroloxía da Cidade Sanitaria ‘Primero de Octubre’ de Madrid. Especialista tamén en Medicina do Traballo é máster en Bioética pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade, é directora da Unidade de Demencias do Hospital Universitario “Virgen de la Arrixaca”, de Murcia, e directora médica da Fundación AlzheimUr. Ademais pertence á Sociedad Española de Neurología, da Sociedad Murciana de Neurología, do Grupo de Estudos das Demencias da SEN, da Sociedad Murciana de Calidad Asistencial e da Sociedad Española de Calidad Asistencial. Forma parte tamén da Mesa Rexional sobre o Alzheimer, dos comités Ético de investigación Clínica e de Bioética do Hospital Universitario ‘ Virgen de la Arrixaca’. Colabora como investigadora principal en varios ensaios clínicos e proxectos de investigación en relación coas demencias, entre eles ARIADNA, Estudo de prevalencia de enfermidade de Alzheimer e outras demencias en maiores de 64 años da rexión de Murcia. Foi directora da V Conferencia Nacional de Alzheimer e participou na creación do Banco de Cerebros da rexión de Murcia.