Conferencia sobre camélidos suramericanos en Veterinaria
Percy Arturo Pérez Ledesma ofrecerá este martes en Lugo unha conferencia centrada nas especies de camélidos suramericanos.
Pérez Ledesma, licenciado en Veterinaria e titulado nun máster en Medioambiente, divulgará os coñecementos sobre esta familia de animais, de especial relevancia no hábitat e na vida cotiá dos habitantes en países do sur do continente americano, no salón de xuntas da Facultade de Veterinaria a partir das 17:00 horas.