Conferencia no CEA da directora da Royal Central School of Speech and Drama da Universidade de Londres
O Centro de Estudos Avanzados acolle este mércores 20 unha nova sesión do seu foro ‘ Memoria, identidade, mundo. O desafío das humanidades. Nesta ocasión a convidada é a actual directora da Royal Central School of Speech and Drama da Universidade de Londres, María Delgado, que impartirá ás 12.30 horas a sesión ‘O corpo de Lorca: políticas da memoria’.
María Delgado é unha especialista internacionalmente recoñecida no ámbito do cine e do teatro hispánico e europeo contemporáneo.