Conferencia en Ciencias da Educación sobre a investigación cualitativa
O catedrático da Universidade de Málaga Juan Carlos Tojar Hurtado imparte este xoves 6 unha conferencia sobre a investigación cualitativa no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). A actividade está organizada polo Máster en Procesos de Formación en colaboración co Grupo de Investigación Stellae da USC.
No relatorio, que dará comezo ás 17.00 horas, explicará cuestións relacionadas coa perspectiva dos participantes en investigación cualitativa como a subxectividade, a adecuación das técnicas participativa, a producción e retorno da información ou a autoría compartida.
Juan Carlos Tojar é especialista en Avaliación de Programas en Educación e en Educación Ambiental e membro do grupo de investigación ‘Métodos e Recursos para a investigación e innovación educativas’, ademais de participar en varios proxectos de innovación educativa para a mellora docente.