Conferencia en Económicas sobre as políticas europeas de investigación e desenvolvemento
O asesor do director xeral de Investigación e Desenvolvemento (I+D) da Comisión Europea e responsable da análise dos novos instrumentos financeiros, Nicolás Sabatier, pronunciará na tarde deste venres 19 unha conferencia en Económicas.
Baixo o título ‘Como axustar a organización e dirección dos programas públicos de I+D aos obxectivos do novo escenario europeo nesta área’, a conferencia desenvolverase ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
O relatorio está organizado polo grupo de investigación ICEDE da Universidade de Santiago no marco do último módulo do Curso de Posgrao ‘Economía e Xestión da Innovación’ dirixido por Xavier Vence, que mantén aberta a inscrición na súa novena edición.