Conferencia en Económicas sobre as relacións dos bancos coas empresas armamentísticas
O investigador do Centro Delàs de Estudos pola Paz Jordi Calvo ofrece o luns 16 unha conferencia na que presentará o Informe ‘A banca armada. Inversións explosivas de bancos e caixas’. A charla, organizada por Amarante Setem e a Liga Estudiantil Galega, terá lugar ás 19.00 horas na Aula 10 da Facultade de Económicas e Empresariais.