Ir o contido principal

Conferencia en Económicas sobre o sector asegurador español

O director xeral territorial de Mapfre Noroeste, Antonio José Pérez Alonso, imparte este xoves 24 unha conferencia enmarcada no Máster en Administración Financeira e Tributaria que dirixe Luis Caramés Viéitez. O relatorio, titulado ‘Evolución do sector asegurador en España’, terá lugar ás 16:30 horas na sala de xuntas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2010.