Ir o contido principal

Conferencia de Ignacio Martínez Mendizabal, do equipo das escavacións de Atapuerca

Ignacio Martínez Mendizabal. FOTO: Universidade de Alcalá de Henares
Ignacio Martínez Mendizabal. FOTO: Universidade de Alcalá de Henares

O profesor de Paleontoloxía da Universidade de Alcalá de Henares Ignacio Martínez Mendizabal pronunciará este mércores 30 unha conferencia na Facultade de Medicina. Baixo o título ‘Escoitar fíxonos humanos’, será ás 13.00 horas na Aula Castelao do centro.

Doutor en Bioloxía e coordinador da Área de Evolución Humana do Centro Mixto Universidade Complutense de Madrid-Instituto de Saúde Carlos III para o estudo da evolución e do comportamento humano, Ignacio Martínez é membro do equipo das escavacións na Serra de Atapuerca dende 1984, traballo polo que en 1997 recibiu, xunto co resto do equipo, o Premio Príncipe de Asturias.

Martínez Mendizabal é autor de numerosos artigos científicos nas máis prestixiosas revistas internacionais, libros de ensaio e divulgación. As súas principais liñas de investigación relaciónanse coa base do cranio, a audición e a orixe da linguaxe na evolución humana.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2016.