Ir o contido principal

Conferencia da secretaria xeral de Confemadera Galicia na EPS de Lugo sobre o potencial galego na industria da madeira

O encontro está organizado pola Unidade de Xestión Forestal Sostible e a Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural

O venres 30 ás 13.15 horas terá lugar no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo a conferencia ‘Galicia, madera de líderes’, impartida pola secretaria xeral de Confemadera Galicia, Ana Oróns Mata, na que se achegará unha panorámica dun sector, o da industria da madeira, que xera 20.000 empregos directos e 50.000 indirectos e que supón o 3,5% do PIB galego.

O encontro, aberto ao público en xeral, está coordinado pola Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) e a Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade). Desde esta plataforma organízase o máster en Enxeñería da Madeira Estrutural, no que desde este ano colabora Confemadera Galicia, o único en España centrado nas potencialidades da madeira como material de construción.

Ana Oróns é enxeñeira agrónoma pola USC e ten unha longa experiencia como responsable en diferentes organizacións do sector forestal e da industria madeireira de Galicia. Desde este ano ocupa a secretaría xeral de Confemadera Galicia, organización empresarial que aglutina toda a industria da transformación da madeira e o moble nesta comunidade, e que representa a máis de 3.000 empresas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2012.