O congreso de AgroEnxeñaría 2009 chega ao seu fin na Escola Politécnica Superior
O V Congreso Nacional e II Congreso Ibérico de AgroEnxeñaría 2009 clausúrase este mércores coa visita a dúas industrias agroalimentarias da provincia de Lugo, centradas na elaboración de produtos a patir da castaña e da mazá. Os congresistas que presentaron na Escola Politécnica Superior de Lugo máis de 200 traballos terán ademais a oportunidade de visitar pola tarde a zona da Ribeira Sacra.
Ao longo destes días participaron como conferenciantes destacados investigadores no campo da Agroenxeñaría como Fedro Zazueta, da Universidade de Florida; Hans Griepentrog, da Universidade de Copenhague; Keith Crews, da Tecnolóxica de Sidney; e Demetres Briassoulis, da Universidade Agrícola de Atenas. A realización deste congreso colmou as aspiracións do Campus lugués de visibilizar a actividade investigadora relacionada coa agroenxeñaría na Universidade de Santiago, pois representa a confirmación da relevancia deste Campus en grupos de investigación especializados neste ámbito.