Un congreso internacional volverá a vista á produción editorial en formato dixital para minorías
Do 3 ao 6 de abril celebrarase en Compostela o congreso internacional ‘Editando para minorías na era dixital’, unha oportunidade para debater sobre a situación do libro e da edición en tempos de recambio tecnolóxico e de agromar propostas que redescobren o valor dos produtos artísticos de autor, únicos ou concibidos para esixentes minorías que foxen do estereotipado e comercial. Desenvolvido polo proxecto internacional campUSCulturae, actualmente mantén aberto o prazo de inscrición e de envío de comunicacións. Editores, bibliófilos, xestores culturais, escritores, ilustradores, expertos en novas tecnoloxías e deseñadores, entre outros profesionais, daranse cita neste encontro durante o cal se inaugurará a exposición Imprimatur. A conferencia inaugural está previsto que a imparta o ex ministro de Educación e catedrático de Metafísica da Universidade Autónoma de Madrid, Ángel Gabilondo.