Ir o contido principal

O X Congreso Mundial de Administración celebrou en Santiago unha xornada

Na USC analizaron os escenarios económicos de Brasil e España
Na USC analizaron os escenarios económicos de Brasil e España

Os participantes no X Congreso Mundial de Administración que se desenvolve dende o día 16 en Porto (Portugal) trasladáronse este xoves á Universidade de Santiago para celebrar unha sesión de traballo na que profundar nos escenarios económicos de Brasil e España. Na xornada da Facultade compostelá de Económicas e Empresariais participaron o economista xefe do Banco Cooperativo SICREDI-Brasil, Alexandre Englert Barbosa, así como os docentes da USC María Carmen Guisán Seijas, Luis Caramés Vieites, José Antonio Redondo López e Emilia Váquez Rozas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2015.