Ir o contido principal

O Consello de Goberno analizou as actuacións da Secretaría Xeral de Universidades e o seu impacto na USC

A xuntanza extraordinaria tivo lugar en San Xerome. Foto: Santi Alvite
A xuntanza extraordinaria tivo lugar en San Xerome. Foto: Santi Alvite
Reuniuse en sesión extraordinaria este xoves

Tal e como solicitou un grupo de membros do Consello de Goberno para celebrar unha xuntanza extraordinaria, este xoves este órgano colexiado analizou as actuacións da Secretaría Xeral de Universidades e o seu impacto na Universidade de Santiago.

En relación a este punto, o reitor comprometeuse a trasladarlle á Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia as inquedanzas de membros do Consello de Goberno, nomeadamente no referido ao decreto 222/2011 polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que establece o requisito do número mínimo de estudantes que ha de ter unha titulación oficial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2025.