Ir o contido principal

O Consello de Goberno aproba a unha oferta complementaria de emprego público de persoal funcionario

O Consello deu o visto bo a unha oferta complementaria de emprego público de persoal funcionario. Foto: Santi Alvite
O Consello deu o visto bo a unha oferta complementaria de emprego público de persoal funcionario. Foto: Santi Alvite
Deu o visto bo a unha oferta complementaria de emprego público de persoal funcionario PTXAS. Conforman este oferta complementaria 4 prazas do grupo A1 da escala técnica superior de administración

O Consello de Goberno aprobou este xoves unha oferta complementaria de emprego público de persoal funcionario, en concreto 4 prazas do grupo A1 da escala técnica superior de administración.

Na oferta xeral do ano 2025 da USC correspondente ao persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) ofertáronse un total de 47 prazas de acceso libre, das 62 que permitía convocar a taxa de reposición. A USC aproba esta OPE complementaria para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos, especialmente en áreas estratéxicas que requiren alta cualificación técnica, capacidade de xestión e toma de decisión.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2025.