Ir o contido principal

O Consello de Goberno autoriza a contratación como profesorado interino por vacante das prazas anuladas

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago autorizou este martes a contratación como profesorado interino por vacante das persoas afectadas pola anulación parcial da Xunta de Galicia do concurso público de setembro de 2012, “facilitándose así a súa continuidade laboral en tanto non se cubran as prazas de xeito definitivo polos procesos correspondentes”, algo “prioritario” para a USC. Do mesmo xeito, e para corrixir o desequilibrio que existiría ao contratar a estas persoas con interinidade por vacante no que se refire ao cómputo de antigüidade, O Consello de Goberno estudará esta tarde que, con carácter transitorio, este grupo de docentes sexan incluídos no grupo de prelación que o contratado doutor. Fin de carreira Ademais, tendo en conta a opinión unánime favorable dos decanos e decanas, na mesma sesión tratarase a implantación na USC dunha convocatoria extraordinaria –adiantada do segundo cuadrimestre ao primeiro– de fin de carreira para as titulacións de grao e máster, o que permitiría ao alumnado rematar os seus estudos sen perder un curso académico. Podería concorrer a esta convocatoria quen teña pendente para rematar os seus estudos unha materia ordinaria do segundo cuadrimestre ou unha anual, ademais do traballo de fin de grao ou máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2013.