Ir o contido principal

O Consello de Goberno estuda unha normativa para a creación de prazas de promoción de profesores titulares acreditados para catedráticos

O Consello de Goberno da USC reunirase este mércores 8 para tratar a proposta dunha normativa que regule a creación de prazas de promoción de profesores titulares que teñan acadado a acreditación como catedráticos de universidade.
O debate do documento, que tamén recollerá o calendario de saída a concurso de acceso a estas prazas, celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 9:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2009.