Ir o contido principal

O Consello de Goberno reúnese en sesión ordinaria

O Consello de Goberno da USC reunirase este mércores 13 en sesión ordinaria para someter a aprobación, entre outros asuntos, a proposta de Orzamentos para 2018 e a actualización da Programación Plurianual. A xuntanza será a partir das 10.00 horas en San Xerome.

Outros puntos da orde do día son a modificación da RPT, o Plan de melloras da USC e o regulamento para a Docencia de Calidade en Linguas Estranxeiras na USC (LEDUS).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2017.