Ir o contido principal

O Consello de Goberno reúnese este venres

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este venres 27 en sesión ordinaria para tratar asuntos relacionados coa oferta académica da institución. A xuntanza será ás 9.30 horas (10.00 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Entre outra cuestións, na reunión informarase sobre as declaracións de intencións de novos títulos de máster universitario para o curso 2015-2016 e someterase a aprobación a viabilidade de títulos de grao e diversas modificacións de títulos de grao, máster e programas de doutoramento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2014.