Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúne o luns 7

O Consello de Goberno da USC celebra o vindeiro luns 7 unha xuntanza ordinaria que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Os sistemas de Garantía Interna de Calidade de diversos centros de Santiago e Lugo, a modificación da RPT de PAS, diversas proposta de nomeamento como profesorado ‘ad honorem’ son os temas cos que comezará esta xuntanza na que tamén se tratarán os cambios na Comisión de Calidade e Planificación e na Comisión Interna de Avaliación do Profesorado ou a convocatoria e normas reguladoras da Universidade de Verán 2012. Completarán a orde do día, os regulamentos de réxime interno da Facultade de Humanidades e dos másteres, e a oferta de cursos de posgrao propios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2011.