Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este luns

O Consello de Goberno da USC reunirase este luns, 2 de marzo, a partir das 9:30 horas (10:00 segunda convocatoria) para, entre outros asuntos, aprobar o límite de prazas nas titulacións de grao para o curso 2015-16. Nesta xuntanza analizaranse ademais os resultados do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (2011-2015) na universidade compostelá. No relativo a PDI tratarase a aprobación de novas convocatorias de prazas de axudante doutor e a modificación da RPT de PDI para 2015, ademais da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2015/2016 e calendario de planificación. Na orde do día figura tamén a elección dos membros das comisións delegadas do Consello de Goberno e dos representantes do Consello de Goberno no Consello Social e da USC no Consello de Estudantes Universitario do Estado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2015.