Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese o luns en sesión ordinaria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reunirase este luns 16 en sesión ordinaria para tratar, entre outros asuntos, o segundo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da USC 2014-2018. A proposta inicial de límite de prazas en másteres universitarios para o vindeiro curso, a convocatoria de prazas de PDI, os regulamentos de traballo de fin de máster e grao, a convocatoria de bolsas de comedor do Servizo Universitario de Residencias (SUR) ou a creación do centro propio de carácter mixto de Estudos de Seguridade da USC e o Centro Superior de Estudios para a Defensa (CESEG) son outros asuntos a tratar. A xuntanza, na que se informará e buscará un posicionamento sobre a proposta da Secretaría Xeral de Universidades respecto das titulacións do SUG, comezará no Salón Reitoral de Sen Xerome ás 9.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2013.