Ir o contido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este martes

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este martes 27 para tratar, entre outros asuntos, o estado de execución do orzamento da institución. A xuntanza será a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Os membros do Consello deberán tamén estudar un acordo para adaptar á modificación da LOU a composición do Consello de Goberno e a proposta de nomeamento como profesor Ad Honorem de César Raña Dafonte. Ademais de elixirse os membros das comisións delegadas do Consello de Goberno e os representantes deste órgano no Consello Social, na xuntanza debaterase acerca da creación extraordinaria de prazas para docentes acreditados a cátedra con anterioridade á data de mañá, dos períodos hábiles para convocar órganos colexiados e da actualización das tarifas académicas. Por último, e entre outras cuestións, na orde do día da xuntanza recóllese a adhesión da USC á Asociación Clúster Alimentario de Galicia, a convocatoria de prazas de PDI ou a modificación da RPT de PAS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.07.2010.