O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores
O Consello de Goberno da USC reunirase este mércores a partir das 9.30 horas en sesión ordinaria para, entre outros asuntos, estudar varias propostas de creación, modificación e supresión de Departamentos toda vez que algúns xa mostraron a súa intención de fusionarse.
A Oferta de Emprego Público de PAS 2015, prazas de PDI, proposta de profesorado/persoal investigador ad honorem ou a ratificación do Club USC como filial do Club Atletismo Santiago son outras das cuestións que se debaterán na xuntanza que terá lugar no Salón Reitoral de San Xerome.