O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este mércores 19 ás 9.30 horas (primeira convocatoria) en sesión ordinaria para tratar, entre outros asuntos, a normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas. Ademais, na mesma xuntanza discutiranse cuestións relacionadas co persoal docente e investigador como a prorroga extraordinaria de contrato a asociados. O nomeamento de profesores/investigadores ad honorem, o recoñecemento de complementos autonómicos dende 2012, a aprobación das declaracións de intencións de novas titulacións ou a Memoria Económica correspondente ao pasado exercicio son outros puntos a tratar na mañá deste mércores. Xa pola tarde desenvolverase unha sesión extraordinaria do mesmo órgano de goberno para explicar a convocatoria de prazas fixas de PDI.