O Consello de Goberno da USC reúnese este xoves en San Xerome
O Consello de Goberno da USC celebra este xoves 11 unha xuntanza ordinaria na que se presentará o informe sobre o grao de execución do Plan Estratéxico das TIC 2004-2006 e a memoria económica de 2006, entre outros asuntos. A reunión comezará ás 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A orde do día tamén contempla puntos relativos ás propostas de asignación de complementos retributivos autonómicos e da Comisión de Avaliación de Accións Especiais, o protocolo de Cátedras Institucionais, modificacións de Programas Oficiais de Posgrao, cursos de posgrao propios e a participación da USC na European Nuclear Education Network Association (ENEN) e no capital social da empresa de base tecnolóxica Xenotechs.
Completan o abano de asuntos a tratar os relativos á ratificación do regulamento de réxime interno do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana, a solicitude de accións especiais, prazas de profesorado, cambio de localidade, comisións de servizo e prórrogas e convenios.