O Consello de Goberno da USC reúnese este xoves en sesión ordinaria
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este xoves 31 en sesión ordinaria para tratar asuntos relacionados coas prazas de PDI tanto no que se refire a funcionario como a contratado e estabilización docente. A xuntanza, na que tamén se debaterá sobre a creación, modificación ou supresión de títulos, terá lugar no Colexio de San Xerome ás 9.30 horas en primeira convocatoria (10.00 en segunda).
A creación de áreas propias, o nomeamento e prórrogas de docentes/investigadores Ad honorem, as memorias dos centros de investigación, a proposta de recoñecemento de créditos ou o nivel de idiomas e acreditación da lingua estranxeira para a obtención do grao son outros asuntos a tratar na xuntanza deste xoves.