O Consello Social pon en marcha a convocatoria 2016 de apoio a proxectos promovidos pola comunidade universitaria

O Consello Social volve poñer en marcha en 2016 a súa convocatoria de axudas a aqueles proxectos promovidos por universitarios/as co fin de contribuír a un mellor coñecemento, interconexión e participación da sociedade na Universidade. Tamén se prestará apoio a aquelas propostas que teñan como finalidade beneficiar a institución universitaria cun retorno dos resultados acadados ou calquera outra en consonancia coas funcións e obxectivos do Consello Social.
As solicitudes poderán presentarse antes das 14.00 horas do 16 de maio ante o Consello Social. Nun máximo de 10 folios, as solicitudes deberán contar como mínimo os datos identificativos da persoa responsable do proxecto, a xustificación da necesidade de financiamento do proxecto, un informe da actividade a desenvolver, o seu custe total e a contía solicitada por esta convocatoria.
Os promotores/promotoras dos proxectos adxudicados deberán presentar antes do 15 de decembro de 2016 unha memoria que conterá a execución do proxecto, obxectivos acadados e xustificación económica dos cartos achegados. A presente convocatoria financiará o importe total ou parcial do proxecto ata un máximo de 25.000 euros.