Ir o contido principal

Constituída a Mesa de Negociación do PDI

A Mesa de Negociación do Persoal Docente e Investigador acaba de constituírse na USC co obxecto de chegar aos acordos necesarios para contribuír a definir a política concreta neste ámbito.
Esta mesa negociadora está formada polos representantes sindicais e membros do equipo de dirección da USC, en concreto polo reitor e os vicerreitores de Relacións Institucionais, Investigación e Innovación, Economía e Financiamento, e Profesorado e Organización Académica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2008.