Ir o contido principal

O contacontos africano Marcelo N'Dong actúa este martes en Santiago

O Campus de Santiago acollerá este martes, día 4, a actuación do coñecido contacontos de orixe africana Marcelo N’Dong, representante da cultura fang. A actuación, logo deste luns en Lugo, será ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.
Un total de seis millóns de persoas, repartidas entre Camerún, Gabón, Congo, Brazaville, República Centroafricana e Guinea Ecuatorial, conforman a cultura fang, que utiliza os contos sobre animais para ensinar, desmentir, por en evidencia, alertar ou relativizar a vida e as súas dificultades.
O conto segue a ter unha importante vixencia en África, como medio de transmitir o coñecemento, polo que é usado por todos os africanos como parte da súa cultura.
Marcelo nace en Guinea Ecuatorial e con 12 anos ingresa na escola de circo da Cidade dos Muchachos. Como membro da compañía oficial do circo “Os Muchachos” actúa como acróbata, malabarista, clown e cómico, realizando xiras polos cinco continentes.
No 1976 ingresa na USC, e nese mesmo ano comeza os seus espectáculos como mimo nas rúas e locais de España, Francia, Alemaña e Italia. Tamén colabora en varias montaxes teatrais, cine e danza con diferentes grupos de Europa e América.
Dende 1990 vive en Guinea e traballa como animador do Centro Cultural Español, como profesor de Teatro e director de teatro da Escola de Circo de Malabo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2008.