Ir o contido principal

Continúa aberta a convocatoria de mobilidade de estudantes para destinos estatais e internacionais

A convocatoria de mobilidade de estudantes para destinos estatais e internacionais continúa aberta este mes de xaneiro de maneira simultánea para os programas Erasmus, Sicue, Convenios bilaterais e Países de Fala Inglesa.
A novidade máis importante deste ano é a convocatoria específica para mobilidade de países de fala inglesa fóra do Espazo Europeo de Educación Superior. A eles poderá concorrer quen acredite o diploma TOEFL, requisito indispensable para ser aceptado nesas universidades, que nos últimos meses conseguiron na USC máis de 50 estudantes.
PrazosO prazo de presentación de solicitudes rematará a mediados de febreiro, este ano cunha maior implicación dos centros en canto ao asesoramento aos alumnos. A notificación da selección efectuarase na última semana de febreiro, cando comezará a proba de idiomas. Prevese que todo o proceso remate a finais de marzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2010.