Ir o contido principal

Continúa aberta a inscrición para tres disciplinas deportivas na USC

O Servizo de Deportes da Universidade de Santiago mantén aberta a inscrición para os cursos de intervaltono, aerobic e step. As persoas interesadas poderán probar a actividade de forma gratuíta na primeira semana do curso, que será de xornadas de portas abertas.

A inscrición deberá formalizarse na Piscina Universitaria de 9.00 a 14.00 horas ou, unha vez dado de alta como “usuario de deportes” no presente curso, a través da web: http://usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/index.html. Para máis información, os teléfonos 8818 15071 e 8818 15073.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2012.