Ir o contido principal

Continúa aberta a inscrición para os exames de español como lingua estranxeira

As persoas interesadas en inscribirse nos exames DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) que organiza o Centro de Linguas Modernas da USC dispoñen aínda ata o 12 de setembro para inscribirse. A proba escrita terá lugar o venres 17 de outubro. Os diplomas, títulos oficiais acreditativos do grao de competencia e dominio do idioma español, outórgaos o Instituto Cervantes en nome do Ministerio de Educación. O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago é desde 1992 centro examinador nas convocatorias de abrile outubro. Para máis información pódese consultar a páxina web http://www.usc.es/es/servizos/clm/dele.html.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.09.2014.