Ir o contido principal

Continúa a tempada musical en Santiago con outro concerto do ciclo 'Formación de Cámara da Real Filharmonía de Galicia'

Será este mércores 21 no Paraninfo da Universidade

A tempada musical na Universidade de Santiago de Compostela continúa cos concertos do curso 2008-2009 do ciclo ‘Formación de Cámara da Real Filharmonía de Galicia’, dentro da programación de actividades da Vicerreitoría de Cultura para este ano.
Nesta cita musical, prevista para as 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, as formacións interpretarán o Cuarteto de corda núm. 9 en sol menor, deSchubert; e o Quinteto para clarinete e cordas en La maior, de Mozart.
Xa o xoves 22, á mesma hora e no mesmo Paraninfo, interpretarán pezas de Pärt, Pereiro,Klengel, Morera, Mainardi ou Fitzenhagem, entre outras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2009.